De cando os obreiros vigueses desafiaron ao franquismo


De cando os obreiros vigueses desafiaron ao franquismo: Detrás dela están a produtora Arthur Gordon, o director e guionista Roi Cagiao e o produtor executivo Emilio J. Fernández.  Colaboran nela o Foro pola Memoria de Galicia, a Asemblea Republicana de Vigo e a Unión Comarcal de Comisións Obreiras de Vigo, entre outros colectivos.

En 1972 unha folga xeral durou tres semanas e nela que participaron máis de trinta mil traballadores e traballadoras da comarca. Un desafío en toda regra ao réxime fascista, meses despois dos tráxicos sucesos do 10 de marzo de Ferrol.

Waldino Varela, Carlos Núñez Rodríguez, Elvira Landín, Carlos Barros ou Camilo Nogueira, son, entre outros as testemuñas que narran o aló sucedido. Intercálanse as súas voces con material de arquivo, tanto fotográfico como audiovisual, así como recreacións...