Proyecto Faq Celsa Díaz Cabanela

viernes, 27 de enero de 2017

Celsa Díaz Cabanela


Menor e idealista, tamén estivo no cárcere. Celsa foi expedientada, detida e encarcerada en dúas ocasións, nos  anos 1974 e 1975. Tiña 16 anos.

Estudante de bacharelato

Celsa era alumna do Instituto de Monelos. Tiña 15 anos e estudaba quinto de Bacharelato e organizaban actividades culturais: teatro, concertos de música…. Era a maneira de concienciar ós compañeiros. Tamén promovían protestas. Un día de 1972 chegoulle a noticia de que fora expedientada. Era, polo visto, subversiva e foi expulsada do instituto. Xunto a ela tamén tiveron que marchar Luciano e Pedro, que se matricularon no Instituto Masculino, Juana que pasou ao Instituto Femenino e ela mesma  Celsa, que tivo que matricularse no instituto de Zalaeta. Eran membros das Xuventudes Comunistas. Por todas partes había células para realizar traballos de concienciación: nos centros educativos, nas fábricas, nas asociacións de veciños ou nas agrupacións culturais.

No Instituto de Zalaeta non tivo a colaboración do profesorado que tivera en Monelos. O alumnado que estaba interesado en organizar actividades tiña que buscar lugares fóra do centro escolar. Nos locais da parroquia era onde podían xuntarse.

Neses meses Celsa foi detida máis de sete veces e a dinámica sempre era a mesma: era arrestada pola policía e unha vez levada á comisaría era incomunicada 72 horas, que era o máximo permitido pola ley. A comisaría da Coruña estaba onde está hoxe, xunto os xardíns de Méndez Núñez. O calabozo era un lugar desanxelado e inhóspito onde o terror aumentaba polo silencio e a incomunicación. A manta era húmida e facía moito frío. Celsa recorda ese frio e o picor do áspero cobertor. A comida era unha especie de caldo que viña nun balde e que ela recorda non habelo podido comer nunca. E a escuridade.

O peor era cando a levaban para interrogala onde estaban os policías. Alí dicíanlle todo tipo de insultos vexatorios e machistas, querían que declarase quenes eran os camaradas. Ela descoñecía os nomes, e volvían insultala, ameazala e a acurralala. O medo era paralizante. Mentres tanto, a familia non sabía nada dela, nin de ningunha das outras persoas detidas con ela.  Alí podía pasarlles de todo. Os policías parecían disfrutar.

O cárcere

Unha mañá do ano 1974 entrou a policía no instituto e levárona, esta vez directamente á cadea. A causa foi non pagar unha multa da que ela nunca recibiu notificación. Probablemente alguén do centro educativo deu autorización a que entrara a policía e seguramente tamén denunciouna. Cando chegou ao cárcere era única muller presa política e ubicárona coas presas comúns. Alí compartiu vida con prostitutas, mulleres que estafaran, unha que matara ao marido, pero tamén con mulleres que tiñan abortado e coas que realizaran abortos . O tempo pasaba lento, ela colaboraba nos talleres que se facían pola mañán e polas tardes estudaba , a partires das sete xa volvía á cela.

Os domingos podían visitala os seus pais e compartir a comida que lle traían. Eles, nunca xamais reprocharonlle que estivera no cárcere, sempre foi apoiada e comprendida. O seu pai era de esquerdas, represaliado; a súa irmá tamén sufrira cadea e os irmáns  militaban no Partido Comunista: todos sabían o que era o antifranquismo e o que iso supoñía. “Miña nai sempre foi unha loitadora, nunca se queixou, sempre estivo ao noso lado”. “Tamén os veciños axudaron aos meus pais; daquela había moita solidariedade”, afirma Celsa.

Celsa puido facer tamén os exames que lle levaba  á cadea a súa profesora Amparo, a única que se implicou. Pero como foi expedientada non puido continuar estudando nin nese centro nin en ningún outro  ata outubro do 1977 que se promulgou a Lei de Amnistía. Pero xa era tarde, para ela e para moitas persoas represaliadas.

No ano 1975 volvérona a apresar. Foron a súa casa, por causa -de novo- dunha hipotética multa… Houbo de volver ao cárcere, alí esta vez estivo con outra presa política, unha militante da UPG. Franco morreu un par de meses despois.

Do cárcere, recorda o cheiro a desinfectante: un olor penetrante e suxo que lle volve a memoria moitas veces. E tamén lembra a miudo esa sensación frustrante de non saber por que te encerran.
Naqueles días ela sabía que aínda que estaba soa na celda, fóra había un mundo enteiro pendente dos presos de Franco, e iso aliviábaa.

En Setembro de 2011 abríuse ao público o cárcere para unha actividade cultural. Era a primeira vez que se podía acceder a ela desde que foi abandoada como cárcere provincial. Celsa foi cos seus fillos, con eles da man, pero non foi quen de entrar na cela.

Celsa rematou anos máis tarde o Bacharelato e estudou  Graduado Social. Segue considerándose de esquerdas pero deixou o Partido Comunista cando o 23 de febreiro de 1981, día do golpe de estado, non actuaron na rúa.

Hoxe preside a Asociación Antisida e considera que a droga acabou coa contestación social e tamén coas vidas de moitos militantes de esquerdas. Sobre o edificio do cárcere ás veces pensa que “deberían rompelo en anacos” pero seguramente a desaparición do edificio non evitaría o noxo que sinte cando pensa naquel  tempo. Agora, crúzase a diario na piscina cun dos que a detiveron e insultaron na comisaría.
Entrevista realizada o día 22 de Xaneiro de 2014.  CGR
Fuente de la noticia, ver más sobre esta información aquí: memoriadocarcere.com



Celsa Díaz Cabanela Rating: 4.5 Diposkan Oleh: La Voz de la República
Publicar un comentario
Gracias por comentar

 
  • BR